Investigadores do CITIC participan en Budapest na conferencia internacional sobre redes neuronais
venres, 19 de xullo do 2019
Un
dos congresos máis referenciais do mundo en materia de redes
neuronais, o IJCNN, está a contar cunha notábel presenza de
investigadores do CITIC. Máis
polo miúdo, de Joaquim de Moura, Plácido Lizancos e Álvaro Suárez,
todos eles integrantes da área de Visión Artificial do Centro de
Investigación TIC da Universidade da Coruña.
A
edición 2019 da International Joint Conference on Neural Networks
(IJCNN) celébrase esta semana (até hoxe) en Budapest
(Hungría). Nela, os investigadores da nosa terra están a presentar
catro salientábeis proxectos sobre aprendizaxe profunda (Deep
Learning) e outras tecnoloxías avanzadas e as súas
potencialidades para o ámbito da óptica, os tratamentos oculares ou
a visión artificial.
A
Conferencia Conxunta Internacional sobre redes neuronais (IJCNN) de
2019 estase a celebrar no Hotel InterContinental Budapest en
Budapest. Está organizada pola International Neural Network Society
(INNS) en colaboración coa IEEE Computational Intelligence Society e
é a principal reunión internacional para investigadores e outros
profesionais nas redes neuronais e áreas afíns. Conta con charlas
plenarias achegadas por relatores de renome mundial nos eidos da
teoría e aplicacións de redes neuronais, neurociencia computaciona,
robótica ou Intelixencia Artificial. Ademais das sesións técnicas
regulares con presentacións orais e pósteres, o programa da
conferencia abrangue sesións especiais, competicións, titoriais e
obradoiros sobre temas de interese actual.