Intel descúlpase tralo lanzamento dun anuncio considerado racista
martes, 7 de agosto do 2007
Hoxe, na páxina
web da máis grande compañía de fabricación de procesadores para ordenadores,
Intel.com, o seu vicepresidente de vendas e marketing,
Don MacDonald, quén tamén ocupa o posto de director global do devandito
departamento, explica que o contido do anuncio da última peza gráfica dos
fabricantes de chips “non logrou dar a mensaxe que a empresa pretendía”,
e que involuntariamente resultou ser “insultante
e insensible”.
Na peza en cuestión pódese ver a un home
branco vestido de pantalón e camisa, e cos brazos cruzados, nunha oficina con seis
velocistas negros en posición de saída en cada un dos que serían os supostos
“boxes” da empresa; a lenda da imaxe dicía: “Multiplique
o seu rendemento informático e maximice o poder dos seus empregados”.
En calquera caso, a publicidade da plataforma
Core 2 Duo logrou o seu obxectivo de seren comentada, pero non do xeito que os publicistas
tiñan en mente. Como resultado das diferentes protestas, a compañía tivo que retirar
os devanditos anuncios e cancelar a publicación deles nunha serie de medios, malia
que segundo o comunicado de Intel, a lo menos dúas publicacións non puideron
ser “interceptadas” a tempo, e a lo
menos nestes dous casos, o anuncio “racista”
chegou a ser visto polo público xeral.
Sobre as futuras campañas publicitarias da empresa, MacDonald dixo que “farán uso de máis sentido común nas publicacións” coidando mediante “instancias específicas” calquera falta á “sensibilidade cultural”.