Instagram proba un noso sistema para a recuperación de contas secuestradas
luns, 17 de xuño do 2019
Nos últimos anos houbo algúns sonados casos de influencers
que tiveron serios problemas ante o secuestro da súa conta de Instagram,
de xeito que, de non someterse á chantaxe tardaban varios dÃas e mesmo semanas
en poder recuperar as súas contas de usuarios, co impacto que pode supor en moitos
casos tanto pola repercusión económica (ao non poder explotar comercialmente a
súa imaxe) como pola perda de visibilidade ante a inactividade dos dÃas da
conta conxelada.
Para facilitar a solución deste serio problema (agravado pola pasividade de
Instagram á hora de solucionalo) están
a probar un novo procedemento de recuperación de contas dende a propia aplicación
móbil de Instagram, que consiste no envÃo de códigos de recuperación aos
enderezos de correo electrónico ou números de teléfono orixinais da conta (en
vez dos datos de contacto do secuestrador), dificultando o roubo de
contas.
Adicionalmente Instagram tamén dificultará a reclamación dun nome de usuario
durante un tempo prudencial, de xeito que se ante un roubo de credenciais de
acceso alguén muda un nome de usuario coa intención de reclamar o nome de
usuarios orixinal non poderá facelo.
Esta nova funcionalidade de Instagram está dispoñible xa para a aplicación para
Android, e en breve chegará tamén para iOS, o que suporá a mitigación dun dos
grandes problemas de Instagram.