Instagram premiará cun anel a unha selección de creadores
luns, 6 de outubro do 2025
Instagram vén de anunciar Rings, un novo galardón destinado a recoñecer a quen se atreve a asumir riscos creativos e facelo ao seu xeito, un tributo ás persoas capaces de reunir a outras arredor da súa creatividade e que merecen un recoñecemento por iso.
Rings non premia un tipo concreto de contido, senón un espÃrito. Dende a plataforma explican que un dos sentimentos máis compartidos polos creadores de todo o mundo é a mestura de entusiasmo e nerviosismo que acompaña o momento de crear algo e amosalo ao público.
Este galardón está pensado para quen non só participa da cultura, senón que a transforma, rompe barreiras e fai realidade as súas ambicións. Porque cada acto de creatividade, grande ou pequeno, pode conducir a algo extraordinario.
Para determinar como avaliar a creatividade, Instagram reuniu un xurado internacional composto por figuras lendarias da creación (como o youtubeiro tecnolóxico Marques Brownlee, o director de cine Spike Lee e o propio director da plataforma, Adam Mosseri), que se encargaron de nomear e votar polos creadores máis destacados. As persoas gañadoras recibirán un anel fÃsico e outro dixital, que se mostrará no seu perfil de Instagram.
O deseño do anel correu a cargo de Grace Wales Bonner, unha das voces máis influentes da moda e a cultura actuais. A súa aposta pola excelencia creativa encaixa co espÃrito de Rings, polo que esta colaboración serviu para presentar de maneira especial o novo premio.
Instagram tamén quixo que a celebración se reflectise directamente na experiencia da plataforma. AsÃ, cando un gañador publique unha historia, o seu perfil mostrará un anel dourado exclusivo arredor da imaxe (en lugar do cÃrculo habitual das historias), visible tanto no perfil como na sección de historias do feed. Ademais, os premiados poderán personalizar a cor do fondo do seu perfil e modificar o botón de gústame, reforzando asà a súa liberdade creativa durante o ano seguinte.
Instagram anunciará en breve os primeiros gañadores de Rings e celebrará o seu valor creativo ao longo dos vindeiros meses.
