Instagram permite ver cando os nosos contactos están en liña
venres, 20 de xullo do 2018
AÃnda que Instagram é unha plataforma pensada principalmente
para compartir imaxes e vÃdeos, son moitos os usuarios que sucumben ante a
mesma como ferramenta de comunicación, de xeito que a empregan para conversar
en tempo real cos amigos, como se fose Messenger ou WhatsApp, e para facer máis
doado saber cando os nosos amigos están conectados antes de iniciar unha
conversa veñen
de mellorar o xeito de presentar en pantalla cando un contacto está en liña,
presentando un punto de cor verde sobre o seu avatar na bandexa de entrada da
mensaxerÃa directa.
Esta funcionalidade só está dispoñible con usuarios cos que tivésemos unha
conversa creada previamente e, se algún usuario considera que iso invade a súa
intimidade, pode acudir ao menú de configuración da aplicación, para elixir se
quere que o seu estado de actividade sexa visible para outros usuarios.