Instagram permite etiquetar produtos en vídeos

xoves, 15 de novembro do 2018 Marcus Fernández

Achégase a campaña de Nadal, e dende Instagram prepáranse volvendo potenciar as súas funcións de comercio electrónico dentro da aplicación. Unha das novidades é unha colección chamada Compras na que podemos gardar os produtos á venda en Instagram que nos interese do mesmo xeito que antes gardabamos imaxes e vídeos (premendo a icona de marcapáxinas do contido correspondente).
A pestana de Tenda dos perfís de negocios tamén actualizouse para facilitar o descubrimento de todos os produtos á venda por parte dunha marca.
Pero a funcionalidade máis rechamante é que agora as marcas poden incluír produtos á venda dentro dos seus vídeos, baixo os que figurará a icona cunha bolsa da compra que levaranos á listaxe de produtos promocionados no vídeo.

PUBLICIDADE