Instagram permite compartir contidos en privado coa súa última actualización

xoves, 12 de decembro do 2013 Marcus Fernández

A plataforma móbil para compartir imaxes Instagram actualizou hoxe á versión 5.0 a súa aplicación para iPhone e para Android, o que supón a estrea dunha nova funcionalidade que parece ir na liña do que tamén fixo Twitter esta semana (permitir intercambiar imaxes a través de mensaxes directas) e con Instagram Direct permite remitir fotografías e vídeos aos amigos.
Esta nova prestación está visible de dous xeitos diferentes: por unha banda temos unha nova icona na parte superior directa da aplicación que permite ver os contidos que nos remitiron outros usuarios; e por outra temos que ao enviar fotografías podemos elixir 2 opcións: Seguidores e Direct. Esta última opción é a que facilita que poidamos elixir quen serán os receptores do contido que queiramos compartir.
Os usuarios poderán saber cando se leu a fotografía ou vídeo que compartiron, e tamén será posible intercambiar contidos con persoas que non nos sigan en Instagram, aínda que nese paso preguntaráselle ao usuario se desexa ver a imaxe ou o vídeo (en vez de aparecer o material de xeito inmediato).


Vídeo de presentación de Instagram Direct

PUBLICIDADE