Instagram esixirá ter un milleiro de seareiros para facer directos
venres, 1 de agosto do 2025
As plataformas sociais teñen que ter cada vez máis tino cos seus contidos, polo que para as retransmisións de vÃdeo en directo foron introducindo limitacións como, por exemplo, ser maior de idade, e no caso de Instagram nos últimos dÃas algúns usuarios están a recibir unha notificación informándolles de que só poden realizar directos se teñen unha conta público cun mÃnimo de 1.000 seareiros (no momento de escribir estas liñas dende España aÃnda era posible realizar directos dende contas con poucos seareiros). Esta limitación aparece tamén no servizo de axuda de Instagram, polo que entendemos que a nova restrición rematará chegando a todos os usuarios nos vindeiros dÃas.
Lembremos que TikTok tamén limita os directos a maiores de idade cun mÃnimo de 1.000 seareiros, polo que semella que están a estandarizar as condicións para os directos entre plataformas semellantes.
O caso de YouTube é bastante curioso, porque aÃnda que só esixe 50 subscritores para a realización de directos, estes deben realizarse dende un equipo informático, esixindo un milleiro de subscritores para os directos dende o móbil. Isto parece confirmar o feito de que as plataformas en liña só queren permitir as retransmisións en vivo a usuarios cun mÃnimo de alcance e con certa fiabilidade, o que pode responder tanto a unha motivación económica como a un xeito de reducir os recursos de moderación (que nos directos son moi elevados, e teñen provocado conflitos importantes).
