Instagram anuncia novos xeitos de explorar as publicacións
mércores, 23 de marzo do 2022
O
fluxo de publicacións en Instagram recolle actualmente fotografÃas e vÃdeos de
xente á que seguimos, de publicacións suxeridas e algún elemento máis, pero
agora anuncian
dous xeitos máis de poder acceder a estes contidos elixindo se ver
unicamente as publicacións das contas que seguimos, que veranse de xeito
cronolóxico, ou incluso podendo optar por consultar unicamente as publicacións
dos nosos favoritos (unha relación de até 50 contas que indiquemos). A
selección destes novos modos de visualización das publicacións pode realizarse
premendo sobre o logotipo de Instagram na parte superior esquerda da
aplicación.
Adicionalmente as contas que marquemos como favoritas tamén gañarán peso no fluxo
de publicacións xeral. Deste xeito a aplicación adaptarase mellor os gustos do
usuario.