Injustice: Gods Among Us contará cunha completa edición para coleccionistas

martes, 15 de xaneiro do 2013 Marcus Fernández

O vindeiro 19 de abril chegará ás tendas o xogo Injustice: Gods Among Us, título de loita desenvolvido por NetherRealm (estudo responsable do último Mortal Kombat) que estará dispoñible para PlayStation 3, Xbox 360 e Wii U, e que no noso territorio contará cunha edición de para coleccionistas que terá un prezo de 99 euros e que incluirá, aparte do xogo, un cómic de Injustice (que estreou hoxe mesmo o seu primeiro número en edición dixital), unha figura coleccionable de 23 centímetros, unha caixa metálica e 3 contidos descargables con skins da nova serie de DC Comics New 52 correspondentes a Superman, Batman e Wonder Woman, personaxes estrela deste xogo no que sairán moitos outros personaxes de DC (Lex Luthor, Solomon Grundy, Flash, Bane, Deathstroke, Joker, Green Lantern, Cyborg, Catwoman, Green Arrow, Nightwing e Harley Quinn) pertencentes a un universo paralelo onde estes personaxes son moito máis violentos que as súas contrapartidas habituais.
Nos EE.UU. terán unha versión para coleccionistas semellante a esta, pero paralelamente por 149,99 dólares tamén poderán optar por unha Battle Edition, que parece máis propia para os fans dos xogos de loita que os dos comics, pois aparte do xogo e das 3 skins antes mencionadas inclúe un mando arcade con 8 botóns personalizado coa imaxe de Injustice: Gods Among Us, polo que é unha boa opción para quen aínda non conte cun mando deste tipo (considerado como o mellor xeito de gozar dos títulos de loita).

En España teremos unha edición especial do xogo que incluirá unha figura de 23 centímetros
En EE.UU. poderán adquirir o xogo cun mando arcade

PUBLICIDADE