Infinity Blade convértese no xogo para iPhone con mellores vendas iniciais

luns, 13 de decembro do 2010 Marcus Fernández

O iPhone e o iPod Touch teñen sona de ter consolidado unha plataforma de comercialización de videoxogos de grande potencial, que ten exemplos de éxito realmente espectaculares coma Doddle Jump, Plants vs Zombies, Angry Birds ou Cut The Rope, aos que agora súmase Infinity Blade, xogo de Epic Games que saíu á venda a semana pasada e que xa fixo historia, non só por ser o primeiro xogo móbil co motor Unreal Engine 3, senón tamén por vender 274.000 copias nos seus primeiros cinco días na App Store, o que sumaría entre 1,2 e 1,37 millóns de euros (cantidade que varía por non ter o xogo o mesmo prezo internacionalmente), superando sobradamente o millón de dólares de ingresos brutos que conseguira Cut The Rope nos seus primeiros 10 días á venda.
Tamén podemos descargar o feito de que para crear outros títulos deste nivel gráfico para iPhone, iPod Touch ou iPad non será preciso traballar en Epic Games, xa que a compañía ofrecerá o seu kit de desenvolvemento de xogos (actualmente en fase de probas) de balde, o que supón un interesante incentivo para que os desenvolvedores de iOS queiran aproveitar esta tecnoloxía para crear grandes títulos para plataformas móbiles. Cómpre lembrar que aínda que o Unreal Development Kit sexa de balde, publicar xogos de pagamento desenvolvidos co mesmo ten un custo (groso modo o 25% dos ingresos).

PUBLICIDADE