Industria concede 16 millóns en axudas para loitar contra a fenda dixital

xoves, 30 de agosto do 2007 Fernando Sarasketa

O Ministerio de Industria vén de anunciar a concesión de axudas por valor de 16 millóns encamiñadas a erradicar a fenda que afasta ós cidadáns que viven dentro da Sociedade da Información dos que viven fóra: a fenda dixital. A iniciativa, que se inclúe dentro do Plan Avanza, fai referencia ó ano en curso e inclúe tres convocatorias: unha liña de subvencións para a difusión e dinamización social a través da tecnoloxía (37 proxectos aprobados), outra para impulsar a igualdade de xénero na Sociedade da Información (19 iniciativas) e unha terceira para favorecer a inclusión das persoas con discapacidade e as persoas maiores na era dixital (25 proxectos contarán con axudas).

PUBLICIDADE