Indagando TV divulgará a ciencia a través da Internet

luns, 15 de xuño do 2009 Marcus Fernández

Vladimir de Semir, un dos pioneiros da divulgación científica na prensa española, presentará mañá no teatro Alcázar de Madrid a nova canle de televisión virtual Indagando TV, que empregará a Internet para dar a coñecer novidades no campo da ciencia, a tecnoloxía, o medio ambiente, a saúde e a innovación dun xeito ameno e sinxelo, dirixíndose a un público de todas as idades e calquera nivel de coñecemento.
O vídeo deste novo medio recíbese mediante streaming e pode verse cunha calidade notable a pantalla completa. O espazo está presentado pola xornalista América Valenzuela, a dirección de contidos recae en Óscar Menéndez, a dirección xeral en Graziela Almendral, e tamén hai varias empresas do audiovisual involucradas no proxecto.
A canle de divulgación científica pretende mellorar a súa difusión optando polo bilingüismo (español e inglés) e os seus contidos poden visualizarse tanto seguindo a súa programación continua coma accedendo aos seus programas á carta.

Vídeo de presentación de Divulgando TV

PUBLICIDADE