Igalia collerá o relevo do navegador web para a realidade virtual e estendida de Mozilla
venres, 4 de febreiro do 2022
Esta semana Mozilla informou de que tras 4 anos de traballo decidiron
abandonar Firefox
Reality, o seu navegador web para a realidade mixta, que soporta
tecnoloxÃas como WebVR e WebXR, e que podiamos considerar como a principal
alternativa ao popular Oculus Browser, pero o máis curioso do adeus de Firefox
Reality é que Mozilla
decidiu pasarlle o relevo á compañÃa coruñesa Igalia, de xeito que nas
vindeiras semanas veremos como desaparece das tendas de aplicacións Firefox
Reality para ocupar o seu lugar un navegador baseado no mesmo código, Wolvic.
Wolvic chegará como un navegador de código aberto, que permitirá abrir unha
fiestra á web, incluÃndo xogos, vÃdeos e contornos creados especificamente para
a realidade estendida (XR), e que en breve veremos en beta na AppGallery de
Huawei e na tenda de aplicacións de Oculus.
Este tipo de navegador web serve para que os contidos que xa están dispoñibles
na web poidan consumirse en contornos de realidade virtual, pero tamén poidamos
gozar de contidos especÃficos para contornos de realidade virtual e mixta, de
xeito que non só teremos contidos en 2D, senón tamén elementos tridimensionais
que poidan dar pé a experiencias inmersivas.
Wolvic está dirixido principalmente a sistemas XR independentes baseados na
versión libre de Android, asà como en sistemas con HarmonyOS, como serÃan as
Huawei VR Glass, as HTC Vive Focus e os sistemas de Lynx, Pico Interactive e
Oculus; aÃnda que tamén están a traballar Qualcomm e Lenovo para que os seus
dispositivos poidan correr Wolvic.
VÃdeo de presentación de Wolvic