IKEA xa ten altofalantes Bluetooth de marca propia
luns, 9 de abril do 2018
Cada
vez son máis os produtos de electrónica de consumo que IKEA introduce no seu
catálogo, sendo os últimos en chegar os
altofalantes Bluetooth Eneby, que polo momento só están dispoñible para
EE.UU. e Reino Unido, pero son unha curiosa proposta para os que gusten dos deseños
minimalistas e a flexibilidade de instalación.
Para comezar, os altofalantes Eneby chegan en dous tamaños (20 x 20 x 8
centÃmetros e 30 x 30 x 11 centÃmetros) e dúas cores (branca ou negra),
custando o modelo máis cativo 49 dólares e o maior 89 euros, podendo
completarse cun par de accesorios: unha baterÃa que por 20 dólares permite
dotar de 10 horas de autonomÃa ao altofalante cativo (para asà poder empregalo
lonxe dunha toma de corrente) e un soporte de 10 dólares que facilita a
colocación de calquera dos modelos de altofalante Eneby.
Estes altofalantes poden recibir son tanto a través de Bluetooth como dunha toma
auxiliar de 3,5 milÃmetros, poden colocarse sobre a mesa ou montarse nunha
parede e a súa parte frontal de tea pode extraerse no caso de preferir unha
aparencia máis minimalista (ao expor as partes dos altofalantes).
Polo momento non sabemos a data na que chegarán ás tendas españolas, pero parece
bastante probable que tarden pouco en comercializarse a nivel europeo.
- IKEA vende un soporte para unha mellor colocación dos seus altofalantes sen fÃos
- Os altofalantes de menor tamaño son moi aptos para o seu transporte
- Cunha baterÃa podemos facer que os altofalantes Eneby de 20 x 20 centÃmetros teñan unha autonomÃa de até 10 horas