I’m Watch, un novo smartwatch baseado en Android
xoves, 19 de abril do 2012
A semana pasada comentamos o éxito en
Kickstarter de Pebble, un smartwatch
que chegará ao mercado en setembro grazas a unha iniciativa de crowdfunding que nestes momentos xa xuntou
máis de 5 millóns de dólares, pero non é a única iniciativa nesta liña, e
dende Italia levan meses promocionando un proxecto
xemellante chamado I’m Watch, que será outro reloxo intelixente que funciona con Android 1.6, ten unha pantalla TFT de 1,54
polgadas cunha resolución de 240 x 240 pÃxeles, procesador IMX233, 128 Mbytes e
RAM, 4 Gb de almacenamento interno, micrófono, altofalante, toma para
auriculares, Bluetooth (para poder conectarse á Rede a través dun smartphone), baterÃa de 450 mAh
recargable mediante USB cunha autonomÃa de ata 48 horas sen Bluetooth (o
Bluetooth reduce a autonomÃa á metade), acelerómetro, magnetómetro, unhas
medidas de 54,6 x 40 x 10 milÃmetros e un peso de 70 gramos, que permite
acceder a aplicacións na nube (baseadas en Google Cloud), contará con numerosas
aplicacións (para a reprodución musical, a marcación telefónica a través do
móbil conectado por Bluetooth, a lectura de correo electrónico ou a consulta de
predicións meteorolóxicas) e que parece querer destacar como un produto de luxo,
pois en vez de partir de menos de 100 euros coma o Pebble, o
prezo básico do modelo con correa de silicona é de 349 euros, podendo
chegar a modelos de
ouro branco e diamantes por 14.999 euros.
Estes reloxos puideron verse na pasada edición do CES de Las Vegas, e dende
Engadget informan agora de que xa
contan con stock para atender os
pedidos que vaian chegando dende a súa páxina web.
VÃdeo promocional do I’m Watch
- O I’m Watch está dispoñible en distintas cores