Hyundai quere integrar os smartphones cos seus automóbiles

venres, 28 de decembro do 2012 Marcus Fernández

Hyundai está a explorar novos conceptos de conectividade para o automóbil, para aproveitar a versatilidade actual dos smartphones, para o que veñen de desenvolver un prototipo de automóbil que veñen de amosar nas súas oficinas de Frankfurt, e que podería trasladarse ao mercado xa para 2015, o que podería mudar o xeito de relacionarnos co noso vehículo. Para comezar, este concepto de conectividade chamado New Generation i30 permite que o usuario poida pechar e abrir o seu coche achegando o seu móbil a unha etiqueta NFC, evitando a necesidade de chaves tradicionais.
Dentro do vehículo o móbil tamén comunicaríase coa consola do automóbil, facilitando o acceso á súa música almacenada no móbil, á súa axenda de contactos, á súa configuración de emisoras de radio e a outras configuracións personalizadas, á vez que tamén serviría para cargar a batería do móbil empregando o sistema de carga sen fíos que está a popularizarse nos últimos meses. Deste xeito varios usuarios poderían compartir coche adaptándose o mesmo segundo o smartphone ao que se sincronice en cada ocasión.
O sistema tamén contará con MirrorLink, para acceder sen fíos e manexar contidos persoais na pantalla táctil, incluíndo a navegación, aplicacións baseadas na Internet e o uso da multimedia.

PUBLICIDADE