Hytale ve a luz en acceso anticipado
xoves, 15 de xaneiro do 2026
Hytale, o ambicioso proxecto de Hypixel Studios que pasou por anos de desenvolvemento, unha cancelación oficial e unha sorprendente recuperación, chegou finalmente en acceso anticipado con grande aceptación do público. O lanzamento marca un punto de inflexión para unha comunidade que mantivo vivo o soño do xogo mesmo nos seus momentos máis escuros, tal e como confirma o anuncio oficial do estudo.
O camiño ata este punto foi especialmente convulso. O proxecto naceu en 2015 dentro de Hypixel Studios, responsables do servidor de Minecraft coñecido como Hypixel, pero pronto chamou a atención de Riot Games, que primeiro investiu varios millóns de dólares no estudio e finalmente o adquiriu por completo en abril de 2020. A intención era garantir estabilidade e recursos para un desenvolvemento cada vez máis ambicioso. Porén, tras anos de atrasos e cambios de rumbo, Riot decidiu cancelar o xogo e pechar o estudio en xuño de 2025, alegando que o proxecto se volvÃa inasumible na súa forma actual.
Un regreso inesperado tras a cancelación
A historia deu un xiro apenas uns meses despois. En agosto de 2025, Simon Collins-Laflamme, cofundador de Hypixel e figura clave na creación de Hytale, iniciou negociacións para recuperar a propiedade intelectual do xogo. O proceso culminou o 17 de novembro de 2025, cando confirmou publicamente que adquirira de novo Hytale e recontratara parte do equipo orixinal, anunciando a súa intención de retomar o proxecto e devolvelo á comunidade.
Dous meses máis tarde, e tras unha reconstrución acelerada do estudio, Hytale reapareceu en forma de acceso anticipado, cumprindo a promesa de lanzar sen máis atrasos.
Hypixel Studios admite que o xogo chega nun estado incompleto e descoidado, pero cunha base sólida sobre a que construÃr. A versión actual inclúe modos de exploración e creativo, soporte para modding e multixogador, asà como ferramentas avanzadas para creadores. Pola contra, o modo aventura, os minixogos oficiais e o novo sistema de xeración de mundos aÃnda non están dispoñibles.
A resposta da comunidade foi inmediata. Cunha previsión de máis dun millón de xogadores no dÃa de lanzamento e un volume de reservas anticipadas que garanten dous anos adicionais de financiamento para o estudio, reforzando a estabilidade do proxecto a medio prazo.
Hypixel Studios comprométese a lanzar actualizacións frecuentes nos primeiros meses, centradas en mellorar sistemas básicos antes de avanzar cara a contidos máis ambiciosos. O estudio tamén traballa en funcións sociais, novos modos e unha folla de ruta flexible que dependerá en gran medida do feedback dos xogadores.
Tráiler de presentación de Hytale publicado en 2018
