Humble Bundle oferta varias mesas de Marvel e Star Wars para o xogo Pinball FX2
venres, 28 de novembro do 2014
Continuando cos lotes de videoxogos ofertados para achegar
cartos a causas benéficas, o Humble
Bundle lanza unha nova das súas promocións semanais que de seguro que vai
ser moi ben recibida por un público moi concreto, as persoas que se criaron
botando partidas en máquinas de pinball,
xa que en vez de recompilar numerosos xogos, desta volta a oferta é de mesas
que poden empregarse no xogo Pinball FX2
de Zen Studios.
O Humble Weekly Bundle: Zen Studios 2
destinará parte dos seus ingresos á Cruz
Vermella e a Child’s Play,
e os usuarios que paguen a partires dun euro poderán facerse co Star Wars: Pinball: Balance of the Force
Pack, a Pinball FX2 – Excalibur Table,
a Pinball FX2 – Mars Table, a Pinball FX – Doctor Strange Table, a Pinball FX – Captain America Table e a Pinball FX – Civil War Table, ou sexa,
mesas destinadas principalmente a seareiros dos comics da Marvel a ás películas
da saga galáctica de George Lucas.
De pagar máis de 6 dólares, será posible facerse tamén cunha serie de mesas de pinball máis recentes, concretamente a
de Masacre, xunto cun par de lotes de mesas de Marvel e Star Wars
respectivamente. En total, teriamos unhas mesas de pinball valoradas en 47 dólares que poden conseguirse por unha
cantidade moi reducida, con achegas que o público pode elixir como se reparte
entre a xente de Humble Bundle, os creadores dos xogos e as causas benéficas ás
que contribúen.
- Masacre protagoniza unha das mesas que recibirán os que paguen a partires de 6 dólares no último Humble Bundle semanal
Vídeo promocional dunha das mesas de Star Wars incluíndas no Humble Bundle semanal