Huawei tamén aposta por Android

luns, 14 de setembro do 2009 Marcus Fernández

Aínda que coñecido principalmente polos seus modems 3G por USB, Huawei tamén fabrica terminais de telefonía móbil coma o T-Mobile Pulse, que funciona co sistema operativo Android e que finalmente veremos nos países non que T-Mobile non teña presenza coma Huawei U8230.
Este terminal chegará no último trimestre do ano a case toda Europa (a Península Ibérica terá prioridade neste lanzamento), e funciona cun procesador Qualcomm 7200A a 528 MHz, inclúe a versión 1.5 de Android, soporta conectividade GSM/UMTS/HSDPA/USUPA (ata 7,2 Mbps de baixada e 2 Mbps de subida), Bluetooth 2.0, Wi-Fi e GPS. Integra unha pantalla táctil de 3,5 polgadas cunha resolución de 480 x 320 píxeles e cámara de 3,2 Mpíxeles.

PUBLICIDADE