Huawei presenta un móbil Android con interface de uso 3D

mércores, 3 de agosto do 2011 Marcus Fernández

Mentres varios fabricantes están a lanzar móbiles con Android e pantalla autoestereoscópica para ofrecer unha experiencia 3D sen lentes dende Huawei achéganse a tal tendencia dun xeito diferente, e anuncian o Huawei Vision, un novo terminal con Android 2.3, procesador Qualcomm MSM8255 a 1 GHz e pantalla capacitiva de 3,7 polgadas que presenta unha interface de uso 3D (non estereoscópico) que pode resultar bastante atractiva visualmente.
Este novo terminal tamén ten unha elegante carcasa uni-body, cun deseño redondeado e só 9,9 milímetros de grosor, o que combina a perfección en só 121 gramos de peso. Tamén conta cunha cámara de 5 Mpíxeles con enfoque automático e flash LED capaz de gravar vídeo a 720p, Bluetooth 2.1 e Wi-Fi N.
O Huawei Vision chegará ás tendas en setembro e incluirá varios xogos preinstalados como Angry Birds, Asphalt 6: Adrenaline, Order & Chaos Online e Guerrilla Bobo HD.

PUBLICIDADE