Huawei presenta o seu primeiro ordenador todo-en-un

luns, 13 de setembro do 2021 Marcus Fernández

Aínda que no mercado dos smartphones Huawei afogou por mor das restricións impostas polos EE.UU., no mundo dos ordenadores conseguiu permisos dabondo para poder continuar a operar con normalidade, e así agora vemos como en China estrea o seu primeiro equipo todo-en-un, o Huawei MateStation X.
Falamos dun ordenador integrado nunha pantalla táctil IPS 4K de 28,2 polgadas con HDR400 e relación de aspecto 3:2, que funciona cun procesador AMD Ryzen 5 5600H ou Ryzen 7 5800H, 16 GB de RAM, 512 GB de SSD, gráfica AMD Radeon, Wi-Fi 6, Bluetooth 5.1, 4 micrófonos, 3 altofalantes, webcam, lector de impresións dixitais integrado no botón de acendido, 2 portos USB-C 3.2, 2 portos USB-A 3.2 e unha potencia de 384 watts, que destaca principalmente polo seu deseño, estando dispoñible para a súa compra con procesador Ryzen 5 5600H a un prezo de 9.999 iuans (1.312 euros) ou con procesador Ryzen 7 5800H a un prezo de 11.999 iuans (1.575 euros).
Polo momento non se anunciou se poderá adquirirse en España, pero dado que o Huawei MateStation S si está á venda no noso territorio podemos entender que o novo todo-en-un poderá adquirirse dentro de poucas semanas.

O Huawei MateStation X ten unha pantalla táctil de 28,2 polgadas

PUBLICIDADE