Huawei presenta HarmonyOS
venres, 9 de agosto do 2019
Os problemas de Huawei cos EE.UU. fixeron que se puxera o
foco na posibilidade de que os fabricantes chineses puidesen ter problemas para
integrar Android nos seus dispositivos, e ante tal situación dende Huawei
aseguraban estar a traballar nunha alternativa, que por fin desvelan no marco
da Huawei Developers Conference. Trátase de
HarmonyOS, un sistema operativo que está previsto que poida utilizarse en dispositivos
moi diversos, como smartphones, altofalantes, conectados, smartwatches ou
sistemas integrados en automóbiles, que publicarase como unha plataforma de
código aberto.
Esta nova plataforma aÃnda está nun estado pouco maduro, e confÃan en que antes
de rematar o ano poidan introducila en produtos con pantallas conectadas (como
a Honor Smart Screen) asà como en televisores, aÃnda que inicialmente
limitaranse ao mercado chinés e aÃnda faltarÃa moito para que sexa posible
dicir que estamos ante unha alternativa a Android. De feito, dende Huawei
aseguran que HarmonyOS é «completamente diferente de Android e iOS», xa que estarÃa
pensado para escalar a través de diferentes tipos de dispositivo, para que
os desenvolvedores poidan levar as súas aplicacións a todo un rango de
dispositivos.
HarmonyOS estarÃa baseado nun kernel de Linux e levarÃa en desenvolvemento
dende 2017, pero polo momento son máis as dúbidas que as certezas ao redor
desde novo sistema operativo que poderÃa rematar sendo case anecdótico como
acontece con Samsung co seu Tizen (que pese a ser un sistema que realmente
poderÃa competir con Android, limita o seu uso a reloxos).