Huawei prepara un altofalante con Alexa que integra un router 4G
venres, 31 de agosto do 2018
Non só Netgear
entende que os altofalantes con asistente de voz poden aproveitarse para
integrar outras funcionalidades, senón que a propia Huawei tamén quere
innovar ao respecto co seu AI Cube, un altofalante conectado cun deseño moi
semellante ao do Google Home, pero que opta polo asistente de voz de Amazon e
que sorprende por incluÃr un router Wi-Fi e un modem 4G.
O Huawei
AI Cube pode resultar asà un produto moi atractivo para fogares que carezan
de banda larga fixa, pois dese xeito terÃan nun único dispositivo unha solución
que achegarÃalles conectividade sen fÃos partindo do 4G, e que tamén servirÃa como
asistente de voz e altofalante. Un produto moi versátil, que estes dÃas pode
verse na feira IFA de BerlÃn e que mide 218 milÃmetros de alto, ten un diámetro
de 116 milÃmetros e pesa 900 gramos. Soporte conexións LTE de até 300 Mbps e monta
unha rede Wi-Fi AC de dobre banda.
Espérase que este produto chegue ao mercado europeo de cara á campaña de Nadal,
sendo unha das cousas máis enigmáticas que ten o seu nome, pois claramente o trebello
non ten forma de cubo.