Huawei comercializa en China un smartphone con 4 cámaras
venres, 22 de setembro do 2017
O mercado chinés vén de recibir un novo smartphone bastante
interesante, o Huawei
Maimang 6, que polo que se comenta é moi probable que chegue ao noso
mercado baixo o nome de Huawei Mate 10 Lite, e que xa pode reservar en cor
negra, dourada e azul por 2.399 iuans (304 euros), prezo que pode resultar máis
que interesante para un dispositivos das súas prestacións, xa que, aparte de
contar cunha xenerosa pantalla de 5,9 polgadas cunha resolución de 2.160 x
1.080 pÃxeles (con cristal 2.5D que suaviza os seus reducidÃsimos marcos) tamén
presume de dobre cámara frontal e traseira.
No que se refire ás cámaras, o Maimang 6 integra na súa parte traseira unha
cámara de 16 MpÃxeles con flash LED de dobre ton que está acompañado por unha
cámara de 2 MpÃxeles para axudar a ter información de profundidade e asà poder
xogar co enfoque selectivo. Na parte frontal a cámara principal é de 13
MpÃxeles tamén con flash LED e unha cámara secundaria de 2 MpÃxeles, unha
curiosa proposta que interesará especialmente aos amantes dos selfies.
Deixando de lado as catro cámaras do móbil, falamos dun terminal cun procesador
Kirin 659 de 8 núcleos, 4 GB de RAM, 64 GB de memoria interna (ampliable
mediante tarxetas microSD de até 256 GB), lector de pegadas dixitais, NFC, baterÃa
de 3.340 mAh, un grosor de 7,5 milÃmetros e un peso de 164 gramos. Unhas boas
prestacións para un dispositivo que sae hoxe á venda, aÃnda que non chegará ás
tendas chinesas até o vindeiro dÃa 30.