Horizon Zero Dawn incorporarase á colección PlayStation Hits

xoves, 20 de xuño do 2019 Marcus Fernández

A liña de xogos PlayStation Hits, que recolle grandes producións para PlayStation 4 a prezos económicos, está a medrar con tres títulos de moito peso como son a edición completa de Horizon Zero Dawn, a remasterización de God of War III e Nioh, de xeito que quen perdese estas xoias pode facerse con elas en soporte físico ou formato dixital por 19,99 euros a partires do 28 de xuño.
Deste xeito a colección PlayStation Hits pasa a ter un total de 35 títulos, como Bloodborne, inFAMOUS Second Son, Mortal Kombat X, Street Fighter V, The Last of Us Remasterizado, Uncharted 4 ou Until Dawn; existindo tamén un lote de consola PlayStation 4 con 1 TB de disco duro e os xogos Horizon Zero Dawn, The Last of Us e Uncharted 4 baixo o selo PlayStation Hits.

PUBLICIDADE