Honor trae a Europa o seu Watch Magic

mércores, 23 de xaneiro do 2019 Marcus Fernández

O Honor V20 chegou ao mercado chinés hai un mes, e agora que este smartphone con cámara de 48 Mpíxeles chega ao resto do mundo como Honor View 20 a 549 euros para o modelo con 6 GB de RAM e 128 GB e 699 euros para o modelo con 8 GB de RAM e 256 GB de almacenamento interno temos que a compañía asiática tamén está a lanzar en Europa un smartwatch, o Honor Watch Magic, considerado como a versión económica do Huawei Watch GT, que poderase mercar dende esta semana en España a un prezo de 179 euros.
Estamos ante un smartwatch resistente á auga con pantalla AMOLED de 1,2 polgadas cunha resolución de 390 x 390 píxeles, 9,8 milímetros de grosor, peso ridículo (sen correa pesa só 32,5 gramos), correas intercambiables e batería para 7 días, que integra GPS, monitor cardíaco e sensores que facilitan o seguimento da nosa actividade deportiva en interiores e exteriores, así como tamén pode monitorizar a calidade do sono. Aparte de servir como pulseira de actividade avanzada, tamén recibe notificacións do noso smartphone, como chamadas entrantes, mensaxes de texto e outras informacións de interese.

PUBLICIDADE