Hobbycon publica o seu programa de actividades

martes, 10 de xullo do 2018 Marcus Fernández

Entre os días 26 e 29 de xullo as instalacións de PALEXCO acollerán un ano máis a celebración da Hobbycon, xuntando afeccionados á banda deseñada, a animación xaponesa, os xogos de mesa, o cosplay, a música pop coreana, os videoxogos e outras manifestacións do lecer alternativo que fan desta feira un evento imprescindible no verán coruñés, e que por fin publicou o seu programa de actividades para que os interesados en acudir poidan organizar o seus plans.
Aínda que no recinto haberá obradoiros, relatorios, tendas e zonas de xogo, celébranse toda unha serie de competicións ao longo dos catro días nos que se desenvolve o evento. Temos así que o xoves 26 ás 16:00 horas terá lugar un torneo de ARMS para Nintendo Switch, ás 17:00 horas un torneo de BlazBlue: Central Fiction para PlayStation 4 e ás 18:00 horas un torneo de Naruto Shippūden: Ultimate Ninja Storm 4 para PlayStation 4.
Na xornada do venres os torneos que a celebrar serán os de Rocket League para PC (en grupos de 2 contra 2) ás 13:00 horas, de Hearthstone ás 14:00 horas, de Mario Kart 8 para Wii U ás 17:00 horas e de Dragon Ball FighterZ ás 18:00 horas, non sendo as únicas actividades ao redor do mundo dos videoxogos tal día, xa que ás 18:00 horas tamén terá lugar un relatorio de introdución ao desenvolvemento de videoxogos.
O sábado 28 terán lugar os torneos de League of Legends (5 contra 5) ás 13:00 horas, de Super Smash Bros para Wii U (individual) ás 16:00 horas, de FIFA 18 para PlayStation 4 ás 17:00 e de Clash Royale ás 18:00 horas.
Para despedir o evento, o domingo 29 celebraranse os torneos de Counter Strike: Global Offensive ás 13:00 horas, de Tekken 7 ás 16:00 horas, de Super Smash Bros. para Wii U (por parellas) ás 17:00 horas e de Street Fighter V ás 18:00 horas.

Durante a Hobbycon celebraranse varios torneos de xogos de loita
Aparte dos torneos, tamén haberá numerosos postos para xogo libre durante a Hobbycon
Táboa co programa de actividades oficiais da Hobbycon. Paralelamente tamén terán lugar outras actividades de colectivos que participan no evento.

PUBLICIDADE