Hitachi presenta o disco duro de 7 mm e 320 Gb máis rápido do mercado

martes, 1 de xuño do 2010 Marcus Fernández

Os discos duros para ordenadores portátiles normalmente son de 2,5 polgadas, pero o seu grosor pode ser de 12,5, 9 ou 7 milímetros, de xeito que os de 9 milímetros son os máis habituais, os de 12,5 mm son os de maior capacidade e os de 7 mm eran pouco frecuentes debido á súa reducida velocidade, o que parece que solucionaron dende Hitachi coa súa nova serie Travelstar Z, que teñen unha capacidade de 320 Gb e estréase con 2 modelos: o Travelstar Z7K320, a 7.200 rpm, con 16 Mb de caché e con soporte de SATA a 3 Gbps e o Travelstar Z5K320, a 5.400 rpm, con 8 Mb de caché e tamén para SATA a 3 Gbps.
Estariamos ante os discos de 320 Gb e 7 milímetros de grosor máis rápidos do mercado, pois o Z7K320 é capaz de manter unha velocidade de transferencia de 1.334 Mbps e comezará a producirse de xeito masivo en agosto. É de agardar que tras o verán comecen a integrarse en ordenadores portátiles ultradelgados.

PUBLICIDADE