Hello Kitty e Playboy fusiónanse nunha cámara Leica

xoves, 6 de marzo do 2014 Marcus Fernández

A tenda francesa Colette está a comercializar un curioso produto tecnolóxico que sorprende por aparecer decorado cun debuxo no que aparece Hello Kitty con orellas de coelliña Playboy mentres sostén unha cámara fotográfica, curiosa fusión de dúas marcas moi distintas que están a celebrar os seus respectivos 40 e 60 aniversario e que, pese a estar dirixidas a un público moi distinto en idade logran combinar na carcasa dunha cámara dixital Leica C.
A Leica x Hello Kitty x Playboy é unha cámara dixital compacta cun sensor de 12,1 Mpíxeles, zoom óptico de 7x, estabilizador óptico de imaxe, Wi-Fi N, NFC e pantalla LCD de 3 polgadas, capaz de disparar 10 fotografías por segundo e cun aire un tanto retro, que habitualmente podería adquirirse por uns 600 euros, pero que ao estarmos ante unha edición limitada dispara o seu prezo ata os 920 euros.

PUBLICIDADE