Hasbro comercializa unha cámara para cativos que integra un proxector
mércores, 2 de outubro do 2013
Os produtos tecnolóxicos son cada vez un agasallo máis
habitual para os cativos, e algúns poden sorprender pola combinación de tecnoloxÃas
bastante modernas a un prezo relativamente axustador, como a Playskool Showcam,
que é un dispositivo que combina unha cámara dixital e un proxector nun único
dispositivo dispoñible en modelo
para nenos e para
nenas (aÃnda que a diferenza non é outra que a combinación de cores que
presenta) e que nos EE.UU. véndense por só 59,99 dólares (44,36 euros) mentres
que no
Reino Unido podemos atopar a cámara por un prezo semellante (39,99 libras)
aÃnda que na
zona euro achégase máis aos 60 euros (o que segue a ser un prezo bastante
contido).
A Playskool Showcam non só é unha cámara doada de utilizar que pode almacenar
ata 1.000 fotografÃas na súa memoria interna para copialas ao ordenador por USB
e permite engadir ata 50 divertidos efectos e animacións ás imaxes que capta,
que podemos ver tanto na súa pantalla de 1,7 polgadas como sobre unha
superficie clara facendo uso un proxector integrado. Funciona con 4 baterÃas AA
e aÃnda que é un produto destinado a cativos de entre 3 e 7 anos, de seguro que
máis dun adulto o pasa ben con este xoguete.
- A cámara integra un proxector e pode aplicar divertidos efectos sobre as imaxes que captura