Harry Potter para Kinect estrea demo

luns, 10 de setembro do 2012 Marcus Fernández

O vindeiro 9 de outubro chegará en exclusiva para Xbox 360 o xogo Harry Potter para Kinect, que permitirá vivir a experiencia do Colexio Hogwarts de Maxia empregando o sensor de movemento da consola doméstica de Microsoft, que incluso permite escanear a cara do xogador para crear un avatar de mago que se pareza a el para empregalo despois no xogo (aínda que tamén é posible tomar os papeis dos heroes da saga: Harry, Ron e Hermione), e dende hoxe os usuarios Gold de Xbox LIVE pode acceder de balde á versión de demostración deste título desenvolvido por Eurocom e que incluso permite xogar en modo cooperativo local.
Con este xogo os seareiros das historias imaxinadas por J.K. Rowling poderán revivilas dun xeito moi inmersivo, grazas ao sistema de control que permite meterse profundamente na acción á hora de lanzar feitizos, xogar ao quiddish e participar en emocionantes aventuras, como podemos ver no seguinte trailer:

Aparte de lanzar feitizos, tamén será posible revivir moitos outros momentos das películas de Harry Potter

PUBLICIDADE