Harmonix presenta un shooter rÃtmico en realidade virtual
mércores, 13 de febreiro do 2019
Harmonix, a compañÃa detrás de xogos como Dance Central, Rock Band e a primeiras entregas de Guitar Hero, anunciou Audica, un shooter rÃtmico en realidade virtual que combina a xogabilidade dos
xogos musicais de Harmonix con mecánicas propias dos xogos de acción e unha
banda sonora con temas dos artistas máis populares da música electrónica, que o vindeiro 7 de marzo
verá a luz en acceso anticipado tanto en Steam como na Oculus
Store por 19,99 dólares.
Neste xogo manexaremos un par de blasters
rÃtmicos cos que poderemos introducirnos nunha arena cósmica na que destruÃr os
nosos obxectivos ao son da música. Será precisa unha grande sincronización e
precisión para superar os distintos retos con éxito, e no seu lanzamento
anticipado o xogo contará con 10 temas musicais con 4 niveis de dificultade
cada un, aÃnda que o xogo final (previsto para o outono) contará con máis de 25
cancións.
As primeiras cancións confirmadas en Audica
son Destiny de 1788-L & Blanke, I Want U de Alison Wonderland, I Feel Love (Afrojack Remix) de Donna
Summer, The Space de James Egbert e Splinter de Savant, e en vista do éxito
acadado por Beat Saber nos últimos meses
podemos entender que este xogo vai contar con moitos usuarios ansiosos por
probar a súa experiencia xogo en realidade virtual.
Tráiler de presentación de Audica