Happy Wars será o primeiro xogo Free-to-Play para Xbox 360
luns, 27 de agosto do 2012
Nos últimos meses moitos foron os xogos que pasaron a ser de
subscrición de pagamento a apostar polo Free-to-Play como xeito que sumar unha
masa crÃtica de usuarios que permita a súa supervivencia a medio-longo prazo,
pero algunhas compañÃas xa parten desa base, e o vindeiro outono ToyLogic vai
facer historia co seu Happy Wars, que será o primeiro xogo
en optar por tar fórmula na Xbox 360, xa que estará dispoñible de balde para os
usuarios Gold de Xbox LIVE, permitindo partidas de ata 30 xogadores (15 contra
15) combatendo nunha mesma partida.
AÃnda que o xogo sexa de balde, dentro do mesmo será posible acceder a unha
tenda en liña na que adquirir obxectos con cartos reais (armas, roupa,
expresións faciais...), o que serÃa a fonte de financiamento deste ousado
tÃtulo no que guerreiros, magos e clérigos loitarán facendo uso de ata 27
habilidades únicas que incluso contará cunha campaña para 1 xogador que
permitirá seguir unha historia, principalmente para afacerse á mecánica do
xogo.
Happy Wars vén de estrear un trailer
que nos permite facernos unha idea de como será este tÃtulo, que parece buscar
atraer a un público mozo: