Hannspree terá o seu propio tablet con Android 2.2 e pantalla de 10,1 polgadas

martes, 31 de agosto do 2010 Marcus Fernández

Os tablets con Android queren ser tendencia na segunda metade do ano, e Hannspree quere facer a súa achega a este tipo de produtos cun interesante dispositivo con pantalla capacitiva de 10,1 polgadas cunha resolución de 1.024 x 600 píxeles, procesador nVIDIA Tegra 2 a 1 GHz, 16 Gb de memoria interna ampliable mediante tarxetas microSD, Wi-Fi, Bluetooth, portos miniHDMI e mini USB, batería de 3.500 mAh (que permite unhas 8 horas de vídeo) e un peso de menos de 800 gramos.
O novo tablet funciona con Android 2.2, permitirá tanto contido en Flash 10.1 coma vídeo a 1.080p e o seu prezo de venda será de 399 euros.

O tablet de Hannspree goza dunha boa conectividade

PUBLICIDADE