Hammerhead HMR989, un ordenador con aires de modding

venres, 21 de xaneiro do 2011 Marcus Fernández

En encontros tecnolóxicos coma o Xuventude Galicia Net ou a Arroutada Party é habitual atopar equipos informáticos modificados polos seus donos acadando unha aparencia impresionante e tamén unhas altas prestacións, pero para os usuarios que non queiran ou saiban realizar estes cambios DARWINmachine vén de presentar o seu equipo Hammerhead HMR989, un ordenador de alta gama cun chasis de aluminio e ecoresina cunha aparencia moi rechamante e unhas características que satisfarán a calquera esixente afeccionado aos videoxogos para PC, pois estamos ante un equipo cun procesador Intel Core i7-860 a 2,8 GHz, 4 Gb de RAM, unidade SSD de 40 Gb (pensado para a instalación do sistema operativo), disco frontal hot swap de 640 Gb, un espazo para un segundo disco hot swap, unha tarxeta gráfica nVIDIA ENGTX460, unidade DVD, fonte de alimentación Kingston de 750 W e o sistema operativo Windows 7 Home Premium de 64 bits. Por desgraza, este luxo ten un prezo: 2.899 dólares (2.127,87 euros).

PUBLICIDADE