Halo: Spartan Assault estréase en exclusiva para Windows 8 e Windows Phone 8
venres, 19 de xullo do 2013
A
franquÃa de xogos de Halo, que tantas
alegrÃas deu a Microsoft, estreouse na pasada noite en versións exclusivas para
Windows 8 e Windows
Phone 8, vendéndose cada unha por separado a 5,99 euros e 6,49 euros respectivamente, pero permitindo o
xogo cruzado entre ambas plataformas, converténdose nun interesante xeito de
amosar que os sistemas operativos de Microsoft poden comportarse moi ben á hora
de correr xogos en smartphones e tablets.
Estamos ante a primeira inclusión de Halo
en dispositivos táctiles, comezando con 25 misións nas que loitas contra o
Covenant á vez que exploramos a orixe do programa Spartan Ops e á comandante
Spartan de Halo 4, Sarah Palmer. Halo: Spartan
Assault é un grande xogo que está a sorprender polo ben que funciona na
súa versión para Windows 8, polos seus valores de produción e por adoptar unha
vista superior da acción en vez da tradicional vista en primeira persoa da
saga.
O xogo é esixente, polo que en dispositivos móbiles precisará de 1 Gb de RAM
para funcionar, aÃnda que agárdase
que reciba unha actualización en agosto que facilite o xogo en dispositivos con
menos memoria (como xa fixeron outros tÃtulos nos últimos meses para
garantir que chegan a móbiles tan populares actualmente como o Nokia Lumia
520).
Microsoft e Movistar preparan unha
presentación en Madrid para o vindeiro dÃa 26 na que amosarán os detalles
deste xogo e organizarán un torneo de Halo
4 (Xbox 360). Dado que non puidemos descargar o xogo na súa versión móbil
entendemos que non chegará a España ata a semana que vén, atendendo á
presentación do vindeiro venres.
- Halo: Spartan Assault convértese nun dos principais xogos para Windows Phone 8
Trailer de presentación do xogo
ACTUALIZACIÓN: Dende Microsoft están a traballar para solucionar os problemas para descargar o xogo para móbiles con Windows Phone dende fóra de EE.UU.:
Any folks having trouble installing #SpartanAssualt outside the US- we're working on it, thx for info. May take a day or so to clear up.
— joebelfiore (@joebelfiore) July 19, 2013
<script async src="//platform.twitter.com/widgets.js" charset="utf-8"></script>
ACTUALIZACIÓN: O xogo para Windows Phone 8 xa está dispoñible con normalidade para a súa compra dende España.