Halo: Reach sairá en setembro

martes, 25 de maio do 2010 Marcus Fernández

Despois de que a beta multixogador de Halo: Reach xuntase a máis de 2,7 millóns de xogadores segundo datos oficiais achegados por Bungie, compañía que admite que superaron as súas expectativas (pois a beta de Halo 3 contara con 800.000 usuarios, o que xa era unha cantidade impresionante e estimaban que o xogo no que publicaban a chave de acceso á nova beta, Halo: ODST só vendera un par de millóns de copias), e aproveita a ocasión para anunciar que a data de lanzamento de Halo: Reach queda fixada para o vindeiro 14 de setembro.
Cómpre lembrar que este xogo será o derradeiro que desenvolverá Bungie baixo o amparo de Microsoft (compañía propietaria da franquía Halo), pois pecharon un acordo de distribución a longo prazo con Activision, polo que é de agardar que nos vindeiros meses inicien novos e interesantes proxectos.

PUBLICIDADE