Halo Infinite proba o seu modo cooperativo

venres, 15 de xullo do 2022 Marcus Fernández

O xogo Halo Infinite continúa a progresar, xa que a súa ambición fixo que non puidese contar con todos os seus modos de xogo de lanzamento, e agora bota a andar a fase de proba do seu modo cooperativo, que até o 1 de agosto estará dispoñible para usuarios de Xbox que mercasen a campaña do xogo ou que teñan Game Pass, mentres que no caso dos xogadores para PC a través de Steam é preciso ter recibido unha invitación para poder participar nestas probas.
Como parte desta proba os usuarios poderán gozar da campaña do xogo con até tres compañeiros, soportando xogo cruzado con Xbox One, Xbox Series X|S e PC, converténdose nun interesante xeito de botar unha nova ollada a Halo Infinite.
Outra nova funcionalidade que están a probar é a repetición de misión, ou sexa, que contaremos cun sistema no que veremos o mapa do xogo e poderemos elixir as misións completadas para volver superalas.

PUBLICIDADE