Halo 5: Guardians estrearase internacionalmente o 27 de outubro
luns, 30 de marzo do 2015
Un dos xogos máis prometedores para Xbox One, Halo 5: Guardians,
non parece que vaia padecer a última vaga de adiamentos que está a afectar aos
xogos para consolas de nova xeración, e será un dos grandes lanzamentos deste
ano, chegando incluso con bastante antelación á campaña de Nadal, xa que Microsoft
fixou como data de lanzamento mundial do xogo o 27 de outubro.
Para anunciar a data de lanzamento oficial do xogo tamén estrearon un par de
anuncios en vÃdeo cos tÃtulos de All Hail
e The Cost, que amosan encontros do
Spartan Locke e do Xefe Mestre, dende os seus respectivos puntos de vista, de
xeito que non chegamos a ter claro quen será finalmente o cazador e quen o
cazado, incrementando as expectativas sobre a historia que 343 Industries está
a tecer para esta nova trama do universo de Halo,
da que teremos máis detalles durante a celebración do E3 en xuño.
VÃdeo protagonizado polo Spartan Locke
VÃdeo protagonizado polo Xefe Mestre