Halo 4 estreará edición Xogo do Ano en outubro
martes, 27 de agosto do 2013
Os afeccionados
á saga Halo que non se fixeran coa
súa última entrega terán unha magnÃfica oportunidades a partir do mes de
outubro, cando sairá a edición Game of
the Year de Halo 4, que contará
cos diferentes contidos descargables para o xogo ata o momento.
Grazas a unha imaxe
filtrada a través de IGN tamén confÃrmase que esta edición do xogo contará
coa primeira tempada de Spartan Ops, o pase para os mapas War Games, o lote Halo 4
Champions e outros contidos exclusivos. Tras a aparición da mencionada
imaxe, dende Microsoft confirmaron a información relativa aos contidos desta
edición Game of the Year de Halo 4, engadindo que darán máis
detalles sobre este lanzamento durante a retransmisión en vivo das finais do
Campionato Global de Halo que
celebrarase o vindeiro domingo.