Halo 2 terá versión para Windows Vista en xuño

martes, 22 de maio do 2007 Marcus Fernández

O vindeiro día 8 de xuño os usuarios de ordenadores co sistema operativo Windows Vista poderán mercar unha nova versión do xogo Halo 2, que pasa así da plataforma Xbox LIVE á nova Games for Windows LIVE.
A secuela de Halo inclúe 23 mapas multixogador, un editor de mapas e contidos exclusivos e se venderá en España a 54,95 euros. O novo xogo tirará así proveito das prestacións dos últimos ordenadores persoais, que son comparables coas máis avanzadas consolas de videoxogos, e permite tanto xogar en rede como de xeito individual, destacando o feito de que non só se poderá xogar a través dos servidores de Microsoft senón que os xogadores tamén poderán empregar servidores propios.

PUBLICIDADE