Hackean de novo a web do Ministerio de Vivenda

luns, 1 de febreiro do 2010 Raquel Noya

Imaxe de Rodríguez Zapatero que puido verse na web do Ministerio de Vivenda

Ser presidente do Goberno e ter un parecido considerable co famoso cómico inglés Mr Bean son dúas fatídicas características que se se dan nunha mesma persoa, poden levar aos responsables directos do Executivo español (e tamén ao propio Zapatero) a ser vítimas dalgunha que outra broma de máis ou menos gusto, sobre todo se nos referimos á parte máis vulnerable de calquera entidade, a súa web oficial.
A web da Presidencia española da Unión Europea xa sufríu no seu día o ataque dos hackers con máis gracia da Rede, cando puxeron a fotografía de Mr Bean saudando cun “Hi there” a tódolos visitantes.
Desta volta, foi a web do Ministerio de Vivenda a que vén de sufrir unha broma similar, ao ser atacada por un hacker informático que colgou unha fotografía do presidente na que non sae nada favorecido, acompañada dun escrito do coñecido pirata informático The Mentor titulado La conciencia de un hacker, convertido agora nun manifesto dos hackers informáticos de todo o mundo.
O texto dí literalmente, “no es culpa de nosotros que hasta ahora se hayan despertado claro sabemos que tenemos que colaborar pero cobrándonos los errores de ustedes !!! nos gobiernan los sádicos o nos ignoran los apáticos? Utilizamos un servicio ya existente, sin pagar por eso ya que podrían haber sido más baratos si no fuese por esos especuladores. Y nos llaman delincuentes. Exploramos... y nos llaman delincuentes. Buscamos ampliar nuestros conocimientos... y nos llaman delincuentes. No diferenciamos el color de la piel, ni la nacionalidad, ni la religión... y ustedes nos llaman delincuentes. Construyeron bombas atómicas, hacen la guerra, asesinan, estafan al país y nos mienten tratando de hacernos creer que son buenos, y aún nos tratan de delincuentes. Sí, soy un delincuente. Mi delito es la curiosidad. Mi delito es juzgar por lo que la gente dice y por lo que piensa".
Esta non é a primeira vez que o Ministerio de Vivenda se ve asaltado por intrusos xa que, en agosto de 2007, un hacker burlou as medidas de seguridade e colgou na páxina inicial un manifesto que tiña por título, “no vas a tener casa en la puta vida”.

PUBLICIDADE