HTC renova o seu casco de realidade virtual
martes, 9 de xaneiro do 2018
Pese a que Oculus foi a plataforma de realidade virtual para
PC que podemos considerar pioneira e conte cun xigante como Facebook
amparándoa, a referencia do mercado é HTC Vive, por conseguir unhas experiencias
máis completas e inmersivas, pero que xa adoecÃan de certas eivas propias da
antigüidade da súa tecnoloxÃa, o que mudará en 2018, xa que no CES de Las Vegas
anunciaron a súa nova xeración, as HTC Vive Pro.
Este novo casco de realidade virtual supón un importante salto, especialmente
no que se se refire a resolución de imaxe, xa que as súas pantallas OLED
melloran neste aspecto un 78% chegando a unha resolución combinada de 2.880 x
1.600 pÃxeles, o que mellorará notablemente a experiencia de uso ao conseguir
que os textos sexan máis nÃtidos e os gráficos máis detallados.
Pero o novo casco non se limita á imaxe, e tamén inclúe uns auriculares de alta
calidade cun amplificador integrado, facendo que a sensación sexa máis
inmersiva. A cinta coa que o casco se coloca na cabeza tamén ten un deseño máis
ergonómico e confortable, repartindo mellor o peso e conseguindo asà que sexa
máis cómodo empregar o dispositivo durante longas sesións. Adicionalmente tamén
inclúe micrófonos duais con cancelación de ruÃdo e dúas cámaras frontais das
que os desenvolvedores poderán tirar proveito para desatar a súa creatividade
(e avanzar na realidade mixta?).
Polo momento descoñécese a data de lanzamento e o prezo que terá este novo produto, aÃnda que confÃrmase que convivirá no mercado coa súa anterior xeración.
En vista de que unha das principais limitacións deste tipo de solucións de
realidade virtual de cara a unha experiencia inmersiva son os numerosos cables
cos que contan estes cascos, anuncian que van
comercializar o Vive Wireless Adaptor, un accesorio compatible con Vive e
Vive Pro que facendo uso da tecnoloxÃa WiGig de Intel permitirá gozar da
realidade virtual sen fÃos, aÃnda que haberá que agardar até o terceiro trimestre
do ano para poder adquirir este produto que opera na banda dos 60 GHz para evitar
interferencias e conseguir asà unha baixa latencia e un bo desempeño.
VÃdeo de presentación das HTC Vive Pro