HTC presenta un novo móbil económico con Beats Audio
martes, 18 de xuño do 2013
HTC xa ten un novo
smartphone pensado como dispositivo de entrada, trátase do HTC Desire 200,
que cun prezo asumible busca satisfacer as necesidade da meirande parte de
usuarios, ofrecendo como valor engadido uns auriculares de calidade e a
tecnoloxÃa Beats Audio, polo que consegue unha boa reprodución musical, algo
pouco habitual en dispositivos desta gama.
O HTC Desire 200 deixa ver as súas limitacións nun procesador Qualcomm
Snapdragon S1 a 1 GHz, os seus 512 Mb de RAM e o seu almacenamento interno de 4
Gb (ampliable mediante tarxetas microSD de ata 32 Gb) asà como na súa pantalla de
3,5 polgadas cunha resolución de 240 x 320 pÃxeles e na súa baterÃa de 1.230
mAh. Tamén conta con cámara de 5 MpÃxeles (con tecnoloxÃa de recoñecemento de
sorrisos e a posibilidade de compartir as imaxes nas redes sociais con só
premer un botón), Bluetooth 4.0 e Wi-Fi N, de aà que moitos usuarios estean
máis que conformes con este terminal que conta entre o seu software coa
aplicación HTC Data Manager, que permite monitorizar o uso de datos dende o
móbil, o que resulta de grande utilidade para saber cando podemos empregar a
nosa conexión de banda larga móbil sen exceder os lÃmites contratados.