HTC estreará novos terminais

martes, 29 de maio do 2007 Marcus Fernández

Un dos principais fabricantes mundiais de teléfonos intelixentes, HTC, anunciou que o vindeiro 5 de xuño presentará os seus novos terminais, entre os que estará o HTC Advantage X7500, que destaca por ter forma de UMPC sen deixar de ser un teléfono intelixente.
O X7500 ten unha pantalla táctil de 5 polgadas, un disco duro de 8 Gb, lector de tarxetas miniSD, teclado QWERTY, GPS, saída de televisión, cámara de 3 Mpíxeles e unha autonomía de 8 horas. Ademais inclúe o paquete ofimático de Microsoft e soporta distintas tecnoloxías de comunicación sen fíos (Bluetooth, Wi-Fi, UMTS e HSDPA).
Aparte deste terminal, a promoción do evento no que HTC anunciará os seus novos produtos dá a entender que incorporarán algún tipo de prestación táctil rechamante.

PUBLICIDADE