HP presenta un par de equipos de pequeno tamaño e prezo axustado

luns, 5 de xaneiro do 2015 Marcus Fernández

Nos últimos meses estamos a ver moitas tabletas e portátiles de moi baixo custo que funcionan con Windows 8.1, apostando por este tipo de produtos compañías como HP, que atrévese agora a ampliar a súa oferta de equipos económicos cun curioso produto para o escritorio: o HP Stream mini, que vén a ser un ordenador moi compacto, de carcasa azul, cun procesador Intel Celeron, 2 Gb de RAM, 32 Gb de almacenamento interno, 4 portos USB 3, conectores HDMI e DisplayPort (pode conectarse a dous monitores á vez) e unha fonte de alimentación de só 45 watts. Venderase por só 180 dólares e incluirá 200 GB de almacenamento en OneDrive durante 2 anos.
Para usuarios máis esixentes comercializará tamén unha versión máis avanzada e elegante, o HP Pavilion mini, que custará o dobre, e funcionará cun procesador Pentium e 4 Gb de RAM. Tamén incluirá 500 GB de almacenamento en OneDrive durante 2 anos.
Sairá á venda a través da web o vindeiro día 14 e o 8 de febreiro estarán dispoñibles en establecementos físicos.

JPEG - 578.1 KB
O HP Pavilion mini ten un acabado máis elegante que o do seu irmán pequeno

PUBLICIDADE