HP presenta un ordenador compacto ampliable mediante módulos amoreables
xoves, 1 de setembro do 2016
Pensando en ocupar pouco espazo no escritorio da oficina HP
presenta un revolucionario concepto de ordenador que pode comporse en rebandas,
como xa dita o seu nome, HP Elite
Slice, de xeito que teriamos un equipo extraordinariamente reducido (cun
tamaño que semella un reprodutor de CD) que medrarÃa en altura ao amorear os
seus módulos de ampliación que permiten incrementar a súa capacidade de
almacenamento interna, integrar son de calidade (cun altofalante Bang &
Olufsen que tamén integra unha matriz dual de micrófonos con cancelación de
ruÃdo para facilitar o seu uso para conferencias) ou cun prato VESA (que
facilitarÃa a colocación do equipo detrás un televisor ou monitor, permanecendo
invisible).
O HP Elite Slice mide 16,5 x 16,5 x 3,5 centÃmetros (sen módulos adicionais) e
pesa aproximadamente un quilogramo, destacando tamén por adoptar un deseño que
busca reducir os cables ao mÃnimo, de xeito que serÃa o primeiro ordenador de
escritorio do mercado que poderÃa alimentarse directamente un cable USB-C
achegado do seu monitor (para o que poderÃa empregarse o monitor HP
EliteDisplay S240uj).
Para ampliar as posibilidades deste equipo tamén se comercializará unha tapa que
engadiralle botóns táctiles para o control de chamadas de Skype e na primeira
metade de 2017 está previsto o lanzamento dunha cuberta de carga que permitirá
que podamos colocar sobre o equipo dispositivos compatibles con sistemas de
carga sen fÃos para asà poder recargalos no escritorio sen ocupar espazo sobre
o mesmo. Tamén será posible incorporar lector de pegadas dixitais ao equipo
para mellorar a súa seguridade.
Estes equipos compactos que poden equiparse até con procesadores Intel Core i7
de sexta xeración sairán á venda este mesmo mes cun prezo que parte dos 699
dólares, mentres que o mencionado monitor que poderÃa libralo da toma de
corrente estándar, o HP EliteDisplay S24Ouj sairá á venda en outubro a un prezo
duns 429 dólares.
VÃdeo de presentación do HP Elite Slice