HP incorpora unha completa webcam nun dos seus novos monitores

luns, 16 de maio do 2022 Marcus Fernández

Nos últimos meses converteuse nunha tendencia que as cámaras de videoconferencia de certos equipos inclúan a función de enfoque centrado, ou sexa, que permitan que o usuario poida moverse manténdose centrado en plano, prestación que agora introduce HP no seu novo monitor Z24m.
Así, esta pantalla cun panel IPS de 23,8 polgadas, cunha resolución de 2.560 x 1.440 píxeles, conta con conectividade USB-C (achegando até 100 watts, o que permite alimentar a moitos equipos portátiles) e unha webcam de 5 Mpíxeles cun sensor de infravermellos (compatible co recoñecemento facial de Windows Hello) e sensor de proximidade.
A cámara integrada no monitor Z24m permite facer un seguimento do usuario cando se move diante da cámara. Ao contar tamén cun par de micrófonos con cancelación de ruído e un par de altofalantes de 5 watts, estamos ante un monitor moi interesante e completo para quen non precise resolución 4K.

PUBLICIDADE