HP estrea un portátil convertible con pantalla multi-táctil
mércores, 19 de novembro do 2008
- O portátil pode converterse nun TabletPC xirando a súa pantalla
HP conseguiu achegar
unha experiencia de uso semellante ao do iPhone no seu ordenador de escritorio
HP TouchSmart, e agora quere facer o propio cos portátiles, e presenta o seu TouchSmart
tx2, que é un portátil convertible
en TabletPC (con só xirar a súa pantalla), que incorpora unha
pantalla multi-táctil que pode funcionar tanto coas dedos coma cun lapis, o que
o converte nun dispositivo único no mercado.
O equipo ten unha pantalla de 12,1 polgadas (o que o fai bastante cómodo de
transportar) con retroiluminación LED, funciona cun procesador AMD Turion X2 de
dobre núcleo, ata 8 Gb de RAM, disco duro de entre 250 e 400 Gb, tarxeta
gráfica Radeon HD 3200, gravadora de DVD, webcam, Wi-Fi, Bluetooth, lector de
tarxetas de memoria, saÃda VGA, 3 portos USB e fenda Expresscard.
Ao incluÃr o software MediaSmart 2.0 se facilita o consumo audiovisual a través
da súa interface táctil (adiantándose a caracterÃsticas que se agardan no
futuro Windows 7), aÃnda que cómpre destacar que na meirande parte de
aplicacións as vantaxes da pantalla táctil quedan moi limitadas, xa que están
pensadas para o seu uso con periféricos de máis precisión (coma o rato). O
prezo deste equipo nos EE.UU. parte dos 1.149,99 euros, polo que está bastante
contido para todo o que ofrece, logrando tamén manter o seu peso bastante
reducido, pois estarÃa polos 2,1 quilogramos (dependendo da configuración).
|
|